Clarisadas 13 Feb 2011 08:09 p.m.

CLARISOLIX, o ghalaico que cambiaba os marcos das leiras

Non fai moito atopouse nunha escavación arqueolóxica na Laracha, restos de unha pedra cunha inscrición co nome dun cacique ghalaico. Falan os libros de historia que ese cacique de pequeno caera no pote das remillas pros cochos. As remillas, que eran de enghorde, en ves de matar o rapás déronlle unha pillaría fora do normal ( descoñecese se daquela xa se inventaran as remillas transxénicas). Dende aquela déuselle por andar cambiando nos marcos das leiras. El dicíalle a nai:  “miña nai eu quero ser marmolista”. “Ti as ser xastre que da máis cartos” respostáballe a nai. E así foi. O cativo acabou sendo aprendis de xastre; vendedor de recibos pra enterrarse nos dolmens que daquela era o que se levaba; encarghado dunha fabrica de ladrillos de un cacique romano chamado Epifanius. Pero as consecuencias do pote de remillas non curaran, e a pillaría ia á  máis . Clarisopolis acabou  roubándolle  carros de ladrillos a Epifanius.  Epifanius  soubo que  lle roubaba, e en ves de botalo díxose: “ Este é listo coma un allo . Ei no  poñer de alcaldex e alí pode pillar o que queira e tamén me bota unha man a min. Non pago un puto peso de impostos a Roma e contamino o que queira sen que o concellux me diga nada. E así foi.

Mentres no seu novo traballo, Clarisolix descubriu a súa verdadeira vocación, “politicus-mangantis”. Non daba feito. O que aprendera de rapas, cambiar nos marcos, pero esta ves eran leiras. Daban moitos máis beneficios. Poñía unhas en zona verde e logo mercáballas por menos cartos do que valían. Acababa de inventar a re-calificación e tamén o monopolix. Compraba, compraba, compraba… Non vendía, non vendía…  Edificaba, edificaba … Cobraba cartos por atrás… Pero no fondo botaba de menos o seu soño de ser marmolista, e non se lle ocorreu outra cousa que comezar a poñer placas de marmore en tódalas fontes, ríos de lavar… todas co seu nome: “ Esta obra foi feita sendo alcaldix  O Clarisolix. MMXI.” Acabou sendo o home máis rico do concellux.

E despois din que a historia é aburrida. Isto daba pra unha película ou unha serie de varios capítulos. E se a fai Santiagho Seghura xa seria a ostia, pra flipar…..

12 ResponsesCLARISOLIX, o ghalaico que cambiaba os marcos das leiras to “”

  1. on 15 Feb 2011 at 4:52 p.m. 1.avogado defensor said …

    Jajajaja, teño que recoñecer que ás veces (mínimas), ainda que teñamos as nosas diferencias, non deixas de asombrarme co que escribes.

    Este artículo é un deles dos que tes que escachar a rir, razón terás ou non terás, pero a redacción do mesmo é simplemente antolóxica.

    Noraboa!!!

  2. on 15 Feb 2011 at 11:21 p.m. 2.dalleavolta said …

    Nin corrupcion en Miami nin caso Necora, Caso Lendo, donde Clarisopopolus Kazykinski é o Camps da Laracha

  3. on 16 Feb 2011 at 12:15 p.m. 3.Táuntempomatón said …

    Pensei que escachaba ca risa. Como diría Xesulín: en dúas palabras im-presionante.
    Noraboa.

  4. on 17 Feb 2011 at 12:48 a.m. 4.dalleavolta said …

    uuuuh añon enfadouse e quitou os cartos da caixajalicia

  5. on 17 Feb 2011 at 5:52 p.m. 5.Cochiquí said …

    Grasiñas polas felisitasións. As veses unhas boas risas son tan boas coma un bo orghasmo, hahaha. A vida mellor nos iria se nos riramos un pouquiño máis.. por non falar se lle deramos ao sexo decote. Saudos a todos e todas.

  6. on 17 Feb 2011 at 6:55 p.m. 6.CLARISOLIX, o ghalaico que cambiaba os marcos das leiras said …

    […] CLARISOLIX, o ghalaico que cambiaba os marcos das leiras ocortellodalaracha.blogaliza.org/2011/02/13/clarisolix-o-gha…  por bascombegz hai 2 segundos […]

  7. on 17 Feb 2011 at 10:56 p.m. 7.dalleavolta said …

    sexo y anarquia, es vida y organizacion !!

  8. on 18 Feb 2011 at 11:39 a.m. 8.Cochiquí said …

    Sexo, anarquia e unha boa cervexa fria!!

  9. on 18 Feb 2011 at 12:33 p.m. 9.avogado defensor said …

    Bo día,

    A modo de comentario e aínda que non veña ó caso, cabe dicir que onte, desgraciadamente, finou Don Román Sande Cambón, pai do edil larachés e deputado pola Deputación Provincial da Coruña Xoán Manoel Sande Muñiz.

    Dende aquí unha forte aperta pra él e pra toda a súa familia, D.E.P.

  10. on 18 Feb 2011 at 12:49 p.m. 10.Conchinchina said …

    Votemos abaixo todo signo de fascismo na laracha, se non actuán os políticos fagamolo nos, fora con todalas placas adicadas aos fascistas! ANARQUIA

  11. on 23 Feb 2011 at 1:43 p.m. 11.Eddie Cochram said …

    Que boísimo!!!!!

  12. on 23 Feb 2011 at 2:17 p.m. 12.estantia said …

    nin deus nin amo, abaixo os caciques e os curas, lume!