Memória Histórica 23 Feb 2011 05:48 p.m.

CONCELLEIRAS FRANQUISTAS NA LARACHA

Fai unhas semanas os do BNGhaitas   volveron a sacar a proposta para a retira da Rúa Carrero Blanco en Caión e e a praza do Generalisimo Franco en Torás. E outra vez o mesmo, o PP levantou o brazo EN CONTRA de que se sacara. En novembro do 2009 o alcalde afirmaba na televisión que ían a cumprir a lei da memoria histórica”

 ( http://ocortellodalaracha.blogaliza.org/2009/11/24/65/ ), pero a lei pasouna polo forro. Pero bueno alá el, hoxe non vai a ser o protagonista do artigo, xa lle tocará outro día. Hoxe son elas, as concelleiras, as que tamén ergueron a man para aprobar que non quitaran o nome das rúas.  Dóeme especialmente o que lle pasou as mulleres no Franquismo, toda a represión que pasaron é inexplicable en poucas liñas, máis quería contalo.

“Lo llevaron a  bautizar y no me lo devolvieron. Yo reclamaba el niño, y que si estaba malo, que si no estaba. No lo volví a ver”. Este é o testemuño  de Emilia Girón que dou a luz  no hospital da cárcere de Salamanca, en 1941. O seu único delito ser irmán de un guerrilleiro.

Este é un dos 30.000 casos de nenos roubados no franquismo a familias non afectas ao réxime.

O rapto converteuse en legal pola orden do 30 de marzo de 1940 que daba a patria potestade ó Estado. O Xeneral e médico Vallejo Nájera, formado na Alemaña e ideólogo do réximen, afirmaba que era necesario “ extirpar el gen marxista” e recomendaba o traslado dos nenos a hospicios  para “ la eliminación de los factores ambientales que conducen a la degeneración”.

Moitos nenos eran de presas que nada máis dar a luz eran fusiladas. E tamén o seu único delito defender a República que fora votada polo pobo “ó 14 de abril de 1931”.

Nais acenadas nas cárceres  cos seus fillos, mal nutridos, cheos de piollos,sarna … morrían a moreas. Moitas embarazadas ían para os conventos e despois de dar a luz, as monxas ou curas levábanlle as criaturas e dábanllas en adopción a ricos, militares….

A igrexa tamén cortaba o bacallau en hospicios, maternidades, carceres… “ Desde los cinco años, todos los días  nos levantaban a las 5h. de la mañana para ir a misa. Los domingos venían familias y las monjas nos ponían en fila y decían  ` me gusta ese´, y se lo llevaban. Un día me toco a mi… mi madre se suicidó”. Isto  contábao Victoriano Ceruelo.

Hoxe, 70 anos despois a igrexa ten todos os datos nos seus arquivos e ningunha lei lles obriga a abrilos. 

Juana Capdevielle era a muller do gobernador civil da Coruña cando o golpe de estado dos fascistas. Contaba con 35 anos de idade. Permaneciu ao lado do seu home os primeiros días. Logo ela estivo agachada na casa duns amigos en Culleredo. O seu home, Francisco Pérez Carballo foi fusilado. A ela collerona e matarona o 19 de agosto de 1936 nun monte en Rábade Lugo. Recibiu varios tiros no peito e na cabeza. Estaba embarazada. Os asesinos nin tiveron a humildade de darlle unha carta que o seu home lle escribirá minutos antes de que o mataran. A familia conserva esa carta que di:

Juana:

Has sido lo más hermoso de mi vida.
Donde esté y mientras pueda pensar, pensaré en ti. Será como si estemos juntos. Beso tu anillo una vez cada día. Te quiero

Paco

Para Juana Capdevielle, mi querida esposa.
Viernes, 24 de Julio de 1936, cinco de la madrugada

Na Laracha tamén houbo represión, sobre todo violacións por parte dos falanxistas, da que falarei se me deixan algún día, por suposto sen dar o nome das vítimas.

Quero rematar, pedíndolle a estas mulleres concelleiras da Laracha, que a vindeira ves que levanten a man para aprobar que o nome da praza do concello continue chamandose Generalisimo Franco, se acorden de Juana Capdevielle; de eses nenos roubados a súas nais; de esas mulleres que tiñan esas criaturas na súa barriga que nada máis nacer roubabanlla coa vida tamén. Que pensen na dor que tiveron que pasar,se poden pensar claro, porque a min non me da a cabeza para pensar canto sufrimento tiveron que pasar.

Ah e dende aquí quero decirlle, coma diría un andaluz, ole os vosos collóns ou ovarios, a quen arrincou a placa da Rúa Carrero Blanco en Caión e a quen pintou a placa de Franco na praza do concello.

 Nada máis.

45 ResponsesCONCELLEIRAS FRANQUISTAS NA LARACHA to “”

  1. on 24 Feb 2011 at 4:31 p.m. 1.Español said …

    !Viva Franco!.Seguro que si viviera no tendriais cojones a poner esto, pandilla de nacionalistas.

  2. on 24 Feb 2011 at 9:39 p.m. 2.Cochiquí said …

    Tranquilo machote non sexas tan impaciente que a cochiquiña aínda non debeu rematar de escribilo. A todo esto eu os únicos nacionalistas que coñezo son os NAZIonais liderados por Franco, os que querian unha Grande y libre… e que deron un golpe de estado a República.Pero bueno ti o mellor non entendes o dialecto pailandes de Ghalisia e non pillaras nin papa do artigo. Ala vaite pola sombra…

  3. on 25 Feb 2011 at 12:38 a.m. 3.fustigadora said …

    A ese hipocrita q lle gusta tanto a dictadura, tan so lle podo decir un par de cousas….
    A primeira e q mires o nivel de vida q tes, e o q tiveches ti e mais teus pais!! A ver canto chocolate, chuletas,marisco, etc comias e tirabas pq che sobraba; sin ter en conta os coches q habia na casa, vacacions, vivenda propia,etc
    A segunda e q si tanto che gusta vivir en ese rexime…Cuba esta ahi o lado (coma quen di), vaite dar unha volta e lembrar antigas vivencias….sin olvidarte q en ese clima, un pobre non e tan pobre coma aqui!!
    Afortunadamente..a dictadura morriu con franco!!!

  4. on 25 Feb 2011 at 1:06 a.m. 4.merlo falso said …

    jajajajajajajajaja,sin comentarios

  5. on 25 Feb 2011 at 1:55 p.m. 5.Pregunta dun despistado said …

    Pq se tildan de Franquistas a estas rapazas??

  6. on 25 Feb 2011 at 2:24 p.m. 6.avogado defensor said …

    Bo día,

    Sen dúbida, este é un dos artigos máis inxustos que vin e considero totalmente que está fóra de lugar, na miña humilde opinión.

    Basta con dicir que algunha das expostas na foto naceu despois que morrera Franco. Queda claro que asociar a tod@s os concelleir@s ou votantes do PP coa imaxe franquista é, canto menos, cuestionable, pero claro escribir desde detrás dun blog ou un foro é gratuito e podemos dicir o que nos pete (nesto inclúome eu, por suposto).

    A imaxe de decenas de mortos que hai detrás, na imaxe, está claro que é esperpéntica, tráxica e horrorosa a todas luces pero, sinceramente, sobra, porque podo afirmar, con total rotundidade, que elas non se sinten identificadas para nada con esas imaxes.

    Aínda que vos pareza incrible, non todos os votantes do PP estamos de acordo coa etapa franquista, e para nada, me sinto identificado con ela. Non todos somos fachas nin pertencemos a partidos de extrema dereita.

    Saúdos.

  7. on 25 Feb 2011 at 2:52 p.m. 7.Na Galiza em Galego said …

    #1 A min se non me gusta a pesca non entro nun blog de pesca a criticar, eso pa empezar.
    E Franco foise e con el a sua ignorancia, por desgracia esa ignorancia quedou no corpo de fachas coma ti.

  8. on 26 Feb 2011 at 3:58 a.m. 8.Azu said …

    E a primeira vez que comento no blog,asique antes de nada,saudos a tod@s.

    E falando do asunto,vergonza lles tiña que dar a estas elementas (ós elementos tamén,por suposto) de decidir tan ufanos e cheos de orgullo que manteñen os nomes dos merdentos eses na rua e na praza!!! a unha xa llo dixen a cara e si se me presenta a oportunidade direillo a mais,non che son das que calan o que pensan,por eso non teño alcume,teño nome.

    Moito teñen sufrido os homes e mulleres durante o franquismo!!moito teño chorado leendo sobre o tema…

    Recomendovos que busquedes as letras do último disco dun grupo chamado Barricada,o seu último traballo está adicado as victimas,chamase “la tierra está sorda”,o traballo ven acompañado cun libro no que contan as historias nas que se basaron pa escribir as cancions…a historia de Matilde Landa,de Hortensia,unha das 13 rosas,as cartas de despedida dos condenados a morte etc…Sei que non ven ó caso esto ,pero estou segura que si o escoitades,ou si non vos gusta esa musica(rokeiros drogaditos do karallo XDDD) si leedes as letras,a mais de un/ha se vos porá un nudo na gorxa.

    Por certo,as leis están pra cumplilas….pero polo visto na Laracha non,asique cando a min me conveña,farei o mismo que os do cortello,que pa algo son os “mestres”

    Saudos dende Soandres ,e noraboa polo blog!

  9. on 26 Feb 2011 at 11:19 a.m. 9.O neno de fora said …

    Hola,
    yo escribo en Castellano por qué no se escribir en Gallego por ello espero no ser considerado nacionalista. Y por escribir en Castellano tampoco espero ser considerado del PP. Mi educación fue laica y humanista sin influencias políticas ni religiosas. Me ensañaron a pensar por mí mismo y de cuestionarme antes de actuar. Tomar decisiones y asumir la responsabilidad de mis actos. No sé si con esto me siento mejor o peor persona.

    Por lo de la memoria histórica solo puedo decir una cosa, mis abuelos lucharon en la guerra civil uno de un lado y el otro del otro, como soldados rasos. Y de pequeño cuando les preguntaba por sus experiencias vividas los dos coincidían en la mismo. De los DOS bandos se cometieron atrocidades. Y eso no hay que olvidarlo. En una guerra civil nunca hay ganadores para un pais!!!

    Referente a las concejalas, no me parece muy justo de tacharlas de franquistas, ni ha ellas ni a los que trabajan en el ayuntamiento. Hoy en día en España, no solo en Galicia, trabajan en los ayuntamientos gente por solo un motivo y ese es el del puesto seguro, un salario bueno, y mejores condiciones para las mujeres si quieren tener hijos y familia. Cosa que en el sector privado a un carece bastante. A un funcionario en el ayuntamiento le da lo mismo ser de derechas como de izquierdas, hoy en día lo que mueve el mundo es el dinero y el bienestar no los ideales. Y seamos sinceros, no comparemos un socialista de España con uno de Alemania, Francia u otro país y no comparemos un nacionalista con uno de hace 70 años. Todos han o interpretan la política siempre a favor de sus propios intereses. No olvidemos, que en España lo que divide el país es la política y no las personas.

    Por último, lo de la memoria histórica estoy completamente de acuerdo con Azu si hemos votado para que se quiten los símbolos del franquismo pues que así sea. Ojo! Quitar pero no olvidar!! O es que nuestros votos no sirven para nada? Cuando en este país se empiece a pensar por los intereses de los demás y no por los de uno mismo entonces podremos empezar a avanzar y solucionar las cosas como es debido. Empezaremos a salir de las crisis, a vivir mejor y a entendernos mejor.

    Mirar Alemania perdió dos guerras mundiales, fue arrasada y de las dos se levanto. Les dividieron el País y lo unieron otra vez. Entraron en la crisis como todos y volvieron a salir. Tienes fachas, tienen socialistas, tienen nacionalistas, tienen de los verdes y tienen el partido femenino!!! Cosa que España no tiene 😉 No os da algo en que pensar eso? Porque ellos pueden y nosotros no?

  10. on 26 Feb 2011 at 11:36 a.m. 10.dalleavolta said …

    Cal seria a reaccion do PP si en lugar de plaza do generalisimo poñemos plaza da loita armada, ou avenida da eta?Estaria fora de lugar verdade? Poñer o nome de bandas criminais, pois esto eche o mesmo.

    Por certo, hai moitas calles con nomes de persoeiros republicanos?? Algunha calle alcala zamora e pouco mais, non?

  11. on 26 Feb 2011 at 2:03 p.m. 11.fustigadora said …

    En gran parte das cousas estou totalmente de acordo co neno de fora,recoñezo q o mundo movese por cartos e posicion social mais q por ideais!!
    Eu non quero decir q estas concelleiras se sintan identificadas co franquismo, pero o q si deberian,é darse de conta do “significado” q ten o seu voto!
    Claro q aqui para abanderar ese tipo de causas tan propias deste “o noso concello”, xa temos o noso “letrado particular”, q como sempre, él todo cheo de razon, quitalla a uns ,e dalla a outros (curiosamente sempre do PP).
    Ahi esta él…e a sua humildade….(él sempre na lua linea!)

  12. on 26 Feb 2011 at 3:55 p.m. 12.avogado defensor said …

    Boa tarde,

    Pero mira que a pillaches comigo fustigadora, jajaja, co que eu te quero miña ruliña.

    Bicos meu corazón.

  13. on 26 Feb 2011 at 4:12 p.m. 13.Cochiquí said …

    Ola DALLEAVLTA, as preguntas que fas son boas. Eu tamén me preguntaria que lle pareceria a alguén que ETA lle matara a un familiar… e lle puxeran unha rúa adicada no seu concello?.
    NENO DE FORA, podes falar no que queiras home, non tes porque ser nacionalista nin de un partido nen de outro para falar unha lingua, o importante e que nos entendamos. As veces non fai falta nin falar.
    AZU, graciñas polo teu comenterio,pola recomendación do disco-libro de barricada e benvida a caixa dos comentarios.As Trece rosas en realidade eran 14.Eran unhas rapazas que tiñan entre 18 e 29 anos e foron sentenciadas a morte por “adesión a revelión” según os franquistas. A nº 14 salvouse porque tiña 13 anos que foi condenada a 12 anos e un dia de cárcere.
    PREGUNTA PARA UN DESPISTADO, creo que co artigo queda ben contestado a túa pregunta.
    FUSTIGADORA, o español polo que se ve o único que comia no franquismo debian de ser ostias, xa que penso que é o único que sabe decir.Pouco marico comeu e chuletas.Para este Franco aínda non morreu.
    AVOGADO DEFENSOR, agora tocache a ti de último.A ti pareceche inxusto que lles chame así? Se para ti non son Franquistas porque están a favor de que a praza se sigua chamando Praza do Generalisimo?, e non me des a escusa de que o correo non chegaria ao concello.Entendemonos non? Como ben dixeches hai xente do PP que non é franquista de feito moitos concellos do PP retiraron os simbolos fascistas menos na Laracha ( ou A Laracha é un deles).Se o PP pide a ilegalización de partidos bascos porque non condean a violencia, que carrallo pasa cando o PP segue conservando esta simboloxia?.Na Alemaña non hai rúas adicadas a Hitler, nen en Italia a Musolini, nen en Portugal a Salazar…
    E con respecto as fotos dos mortos das fosas, sabias que España é o segundo país do mundo despois de Vietnam onde hai máis fosas comúns. Para min seria vergonzoso identificarme con un partido que segue añorando o franquismo ou calquera reximen fascista, comunista ou do que sexa.Estamos no século XXI e creo que estas actitudes coma a que demostra o PP da Laracha son máis propias doutro século. Se as concelleiras da Laracha non se sinten identificadas con Franco que voten en contra, se non seguiremos pensando que son Franquistas. Que teñan o valor de votar para quitar ese nome do concello e que non sigan sendo manexadas por fios coma monicreques.
    Un saudo a todos e todas

  14. on 27 Feb 2011 at 12:01 p.m. 14.avogado defensor said …

    Bo día,

    A ver Cochiquí, as cartas que chegan ó concello chegan baixo 3 direccións:

    – Praza do Xeneralísimo (coma ben dis ti).

    – Praza do Concello.

    – Avenida de Finisterre (non me pidas o número xa que agora mesmo non me acordo).

    E chegan indistintamente baixo as 3 direccións (podo dar fe diso). E agora que non veña fustigadora dicindo que o sei todo, que non sei que, que non sei canto… De verdade, é así, ás veces chegan baixo unha dirección e outras cartan chegan baixo as outras.

    Ó caso, qué se debería quitar o nome desa praza e deixar os outros 2? Sí, e rotundamente sí.
    ¿Qué fire a miña sensibilidade por chamarse así? Home, penso que tampouco hasta ese extremo. Algún día pensoo e certamente dígome “joder, é denigrante que a praza conserve ese nome”. Pero tampouco ata o extremo de que cada vez que paso por ahí (porque daquela non viviría) me quede pensando todos os días do que fixo ou deixou de facer ese dictador. Dame igual como se chame a praza, por min que lle cambien o nome e lle chamen a “Praza do BNG” (dígocho de corazón), tería o mesmo significado pra min.

    E por qué? Porque considero moito máis importante o solucionar a inquedanza dun veciño que o nome dunha rúa ou dunha praza pola que teño que pasar tódolos días, que ó fin e o cabo non ten ningunha importancia pra min.

    Pero recálcoche o que che dixen antes, deberíase quitar o nome da Praza do Xeneralísimo? “SÍ”
    Qué penso que elas son franquistas? “NON”, porque as coñezo persoalmente e sei que non están de acordo coas atrocidades que se cometeron.

    Saúdos.

  15. on 27 Feb 2011 at 3:29 p.m. 15.Cochiquí said …

    Ola avogado, eu coma Laraches e moita xente máis temos unha inquedanza, e sentimonos ofendidos con ese nome e non é que estemos pensando todolos días no nome da praza,pero non nos parece xusto que ese nome siga aí. Poderiamos seguir falando de esto todo o que queiras… pero nós imos a seguir loitando por que se saque. Elas e eles que sigan levantando a man para que se conserve… alá eles e elas. Un saúdo e alegrome que non te sintas identificado co Franquismo.

  16. on 27 Feb 2011 at 4:21 p.m. 16.fustigadora said …

    Letrado…como non vas saber a q direccion chegan as cartas…si ti traballas ahi? jajajajaja
    Non lembras q somo 4? jajajaajajaja
    Ah por certo, EU TAMEN TE QUERO!!! jajajaajaja

  17. on 27 Feb 2011 at 10:29 p.m. 17.avogado defensor said …

    Fustigadora… frío frío… pero que moi frío… dígoche eu que non tes a máis remota idea de quen podo ser, sorprenderíaste, estou máis que seguro.

    Xa sei que me queres rula, se o de aquí e pa desfogarnos nada máis, jaja, tamos entretendo a xente e de paso subimos audiencia.

    Un picasso, digo… un bicaso.

  18. on 28 Feb 2011 at 10:41 a.m. 18.TODOKISQUEMESOBA said …

    Hola cochiqui:É a primera vez que me animo a escribir. Cando podo miro a vosa páxina a que me parece mui interesante e graciosa. Animeime a escribir porque esto que escribistes, nin o coñecia e impactoume moito.A verdade e que descoñezo todas as cousas, por chamarle de algunha maneira, que fixo o franquismo e que polo visto aínda que digan que non son franquistas os do PP de Laracha deben de botar de menos aqueles tempos, porque se non non me explico que fai chamandose así. Eu son filla de votantes do PP e teño que reconocer que teño votado polo PP. Eu nunca pensei en política e facía o que me recomendaban meus pais.Non sei se vou a votar nas prósimas eleccións, o que si sei e que polo PP no farei.Como dixo aquí alguén, estamos no século 21 e Franco xa morreu… Unha apreta e a seguir así, que me encanta está páxina

  19. on 28 Feb 2011 at 10:57 a.m. 19.Um do outro lado de Monte-Maior said …

    “yo escribo en Castellano por qué no se escribir en Gallego por ello espero no ser considerado nacionalista. Y por escribir en Castellano tampoco espero ser considerado del PP.”

    Mira chaval, se um espanholito insiste em falar espanhol na França nom será considerado um nacionalista desnortado? A que si? O caralho é que aqui o raro é que os galegos falem galego! O caralho é que se falo galego chamades-me nacionalista, se vou ao partido da minha selecçom chamades-me nacionalista, se nom me gusta a espanhola chamades-me nacionalista; e vós que vivides no nosso país falando outra língua, sodes os “normais”?

    OU RESPEITADE OU IDE-VOS PRA ESPANHA!

  20. on 01 Mar 2011 at 3:08 a.m. 20.merlo falso said …

    ¡¡¡¡FORA AS PRACAS¡¡¡¡
    E A QUEN LLE GHUSTEN,QUE AS COLGE DO PESCOZO.

  21. on 01 Mar 2011 at 12:50 p.m. 21.fustigadora said …

    Bos dias!!

    Avogado defensor…de frio,frio..nada de nada!! REAFIRMOME TRABALLAS NO CONCELLO!!
    Tanto amor pola tua parte,dame a pensar ese dito “TEN A TUS AMIGOS CERCA Y A TUS ENEMIGOS…MAS CERCA!! Asi q…tereino en conta.
    En canto a audiencia…NON É O TEMA Q NOS OCUPA!! non te vaias polas ramas..

    O TEMA E: Que as concelleiras que “TI COÑECES PERSOALMENTE” e non estan de acordo co franquismo, cando chega o momento de cambiarlle o nome a plaza do concello “VOTAN QUE NON” , e eu preguntome, si tan en contra estan…pq queren conservar o nome da praza?
    Polas direccions das cartas non sera, pq como ti dis “Chegan a 3 direccions” enton, cal e o motivo?
    Como ti as coñeces persoalmente, agradeceriache q por favor, transmitises as miñas preguntas as tuas compañeiras, para poder aclarar o tema definitivamente.Por suposto, nin que decir ten, que me gustaria que a resposta fose argumentada, e as suas palabras estivesen de acordo cos seus actos.

    Espero ansiosa a tua resposta (das palabras delas, q duda cabe!!)

    E dende aqui, quero animar a toda a xente q coma min lee este blog, a que se decida a opinar; tanto ten si un o fai en galego ou en castelan..o caso e q todos xuntos podamos expresar a repulsa q sentimos ante actos como este, ou similares.

    E q Deus reparta sorte, q como reparta xustiza…Cuidao!!!

  22. on 01 Mar 2011 at 2:17 p.m. 22.Cochiquí said …

    TODOKISKEMESOBA,benvida a caixa dos comentarios,e a verdade é que a cabeza non para, vaia nome te buscaches,hahaha.Graciñas polas felicitacións.
    UM DO OUTRO LADO DE MONTE-MAIOR, a verdade é que xa é algo común e ó que non estou a feito e que nos chamen nacionalista aos que defendemos a nosa lingua…. Non temos por que ser nacionalistas nin do bloque nin de maria santisma. Nacionalista ven de nación, supoño, e cada un identificase coa sua nación,terra ou chamese como queira. Algúns identificamonos coma galegos e galegas e non sei se eso é ser nacionalista, pero si ó é que ten de malo. Un indixena korubo do Amazonas ben seguro que non se identifica con Brasil, senon co anaco de selva no que vive e coa sua lingua e non co portugues, e preguntome se eso tamén é ser nacionalista porque non se sinta brasileiro. O mundo é de todos ou de ninguén. Saudos.
    MERLO FALSO, canta razón tes, eso mesmo pensamos nós.Saudos.
    FUSTIGADORA, imos ter que ficharte para o cortello,hahaha. O avoghado presinto que se vai ir polas ramas e non che vaia contestar o que lle preguntaches….

  23. on 01 Mar 2011 at 6:10 p.m. 23.avogado defensor said …

    Boa tarde,

    Bueno, vamos alá, que vexo que toca faena.

    FUSTIGADORA: “Avogado defensor…de frio,frio..nada de nada!! REAFIRMOME TRABALLAS NO CONCELLO!!
    Repítocho de novo, nin son funcionario (como xa me dixeches anteriormente) nin traballo no concello (xa che dou outra pista) pero ti sigue insistindo, se ti así o cres eu que lle vou facer, eu máis non che podo replicar, pero a todo esto ti tamén contéstame a algo rula… quen cres que son?

    COCHIQUÍ: “FUSTIGADORA, imos ter que ficharte para o cortello,hahaha. O avoghado presinto que se vai ir polas ramas e non che vaia contestar o que lle preguntaches….”
    FUSTIGADORA: “En canto a audiencia…NON É O TEMA Q NOS OCUPA!! non te vaias polas ramas..”

    No, se aquí cada un vaise polas ramas según lle interese, a min gustarame irme polas ramas pero anda que a vós, tampouco tedes queixa… veña oh, canto subistes as visitas desde que tou eu aquí?

    FUSTIGADORA: “Tanto amor pola tua parte,dame a pensar ese dito “TEN A TUS AMIGOS CERCA Y A TUS ENEMIGOS…MAS CERCA!! Asi q…tereino en conta.”

    Ein? Vaia sinsentido non? se son funcionario ou traballador tería ós meus amigos cerca, e entón vós que sodes os meus “enemigos” (en teoría) teríavos máis cerca? me lo expliquen oiga… cunha desas frases túas das que quedei en primaria pa que o entenda. A colación de todo isto, gracias por pensar en min como funcionario, eso quere dicir que no teu corazón sabes que non quedei en primaria, gracias gracias e gracias ruliña, quedo moito máis aliviado. Quérote.

    FUSTIGADORA: “O TEMA E: Que as concelleiras que “TI COÑECES PERSOALMENTE” e non estan de acordo co franquismo, cando chega o momento de cambiarlle o nome a plaza do concello “VOTAN QUE NON” , e eu preguntome, si tan en contra estan…pq queren conservar o nome da praza?”

    Boa pregunta, sinceramente non teño nin idea, debe ser por corporativismo. Xa hai tempo que non vou a ningún pleno pero acórdome hai anos cando estaba Suárez no PSOE, os concelleiros do PSOE votaban a todo o mesmo e os do BNG idem. Nunca vin a 2 concelleiros do PSOE ou do BNG confrontados nas mocións que presentaban ou votando un a favor dunha cousa e o outro en contra da mesma, ti sí? Dime si no BNG da Laracha pasou isto, que sutilmente achégome ó concello e pido a acta da sesión.

    FUSTIGADORA: “Como ti as coñeces persoalmente, agradeceriache q por favor, transmitises as miñas preguntas as tuas compañeiras, para poder aclarar o tema definitivamente.Por suposto, nin que decir ten, que me gustaria que a resposta fose argumentada, e as suas palabras estivesen de acordo cos seus actos.”

    Coñézoas persoalmente sí, pero non lle podo transmitir esas preguntas miña rula, como comprenderás son coma Bruce Wayne pa elas, descoñecen a miña identidade, ocúltome baixo unha capa ata pra elas. Sen embargo, pódesllo preguntar ti, que non te comen, faltaría máis. Non sexas vergonzosa ruliña, veña que ti podes.

    FUSTIGADORA: “E dende aqui, quero animar a toda a xente q coma min lee este blog, a que se decida a opinar; tanto ten si un o fai en galego ou en castelan..o caso e q todos xuntos podamos expresar a repulsa q sentimos ante actos como este, ou similares.”

    Estou de acordo na primeira parte, ata o.. A partir de ahí deberías dicir, “o caso e que todos xuntos podamos expresar a repulsa ou o APOIO que sentimos ante actos como este (NO QUE VOLVO A REPETIR QUE NON ESTOU DE ACORDO TAMPOUCO), ou similares.” Pa que quede un pouco máis imparcial ruliña, non ves que senón notánseche moito os colores.

    Bicos coma sempre (jo, ti nunca mos mandas…)

  24. on 01 Mar 2011 at 8:19 p.m. 24.fustigadora said …

    Por alusions:
    Comprendo q leer, copiar e pegar..é moi canso!!
    Podo comprobar q moi na tua liña segueste vendo o ombligo do mundo (a audiencia sube por ti).Que sería de nós si ti non “te dignases a leernos e escribirnos unhas palabras”, ainda non sei como este blog leva un ano e pico largo..funcionando!!..no me lo puedo creer!
    En canto as “miñas frases”..tes que perdoar, as veces non lembro que te quedaches na primaria…pero explicocha brevemente: A cercanía neste contexto significa “control” canto mais cerca..mais controlado.Si ves que ainda non o pillas..volta a preguntarme, ti non teñas vergoña!!
    En canto ó de funcionario, vouche a contar un “segredo a voces”; na época do meu avó era un privilexio ter un oficio, e a xente q non valía para nada,mandabana para a caixa galicia.Decían que alí polo menos para pegar sellos..valían!.O certo é que co conto das 3 direccions do concello dame que pensar..non seras ti o que abre as cartas?.De todolos xeitos, teño que recoñecer que para a politica vales, por que falas moito e non dis nada!!
    Tes que disculparme, xa sabes que eu quedeime en infantil, e pouco mais ca leer..que che vou a contar a ti.. nos tempos de franco xa menos mal ir a escola!!
    Pero bueno..a ver que che entenda…AS CONCELLEIRAS ESTAN EN CONTRA DO FRANQUISMO,PODEN VOTAR PARA RETIRARLLE O NOME A PRAZA, PERO NON O FAN..E A ESO AGORA..CHAMASE CORPORATIVISMO!! (Xa nos queda mais claro a todos…a resposta sin duda, é contundente)
    En canto o resto…mira que eres facha!…ti cando te tomes o cafe con elas dille que se metan neste blog e o expliquen (vivimos nun pais libre e democratico; e todos podemos decir o que pensamos sin ningunha dificultade)
    APOIO?? jajajajaja….e o outro dia deciaslle a cochiquí que estaba fumado..e ti agora que tes? un clarete?…..A min enorgullecenme as cores que cos meus ideais represento,volvo a decirche que vivo nun pais libre e democratico…tes memoria de pez?
    Re mato decindoche que eu son pouco cariñosa, a min vaime mais o traxe de coiro e a fusta…q lle vou a facer…
    A

  25. on 01 Mar 2011 at 9:52 p.m. 25.Cochiquí said …

    IM PRE SIO NAN TE !!! hahaha, sobran as palabras… pero ti de onde saiches fustighadora?.Esperrechome coa risa co teu comentario.
    Ei avoghado que esta rapasa non ten pelos na linghua.Por certo a adiencia seghe a subir por suposto.Este mes pasado estivemos varias veses entre os bloghes máis visitados de bloghaliza , non recordo o nº de visitantes pero case dous mil (e digo visitantes diferentes non visitas).Ea todo esto os teus comentarios son tan importantes coma os de calquera, nin máis importantes nen menos…
    Vós non quitedes a placa oh, vos na quitedes, seghide coas vosas….

  26. on 01 Mar 2011 at 11:01 p.m. 26.avogado defensor said …

    Boa noite,

    Como diría Cochiquí: “Seica te quentaches oh”, jaja.

    Ay fustigadoriña querida, non me creo o ombligo do mundo miña ruliña, pero entendo que é unha pregunta moi difícil de comprender pola túa parte e non me podes dar unha resposta da subida de visitas que se produciu desde as nosas amorosas disputas (máis ben non queres, non é que non poidas).

    A frase explícáchela moi ben meu deus, era moi difícil de entender, por eso cha pedín que ma explicaras outra vez, agora es ti que non comprende a miña ironía, ay ay ay, volvema a explicar outra vez veña, que sei que che gusta e pon o traxe de coiro e a fusta, que así motívasme máis, jojojo.

    En canto ó de funcionario, a época de teu avó xa pasou muller, e ainda que ti sigas anclada alí, has mirar os estudos que teñen os funcionarios ou traballadores homes do Concello da Laracha, xa que como son un funcionario ou un traballador, (según ti claro) mira os estudos de cada un deles, que a ti supérante en grao todos.

    Ei, ei, que no fai o PP sólo eso da votación, ti lesme todo ou les o que che interesa? Viches algunha vez votar a Subiela e a Dolores Oviedo en contra un do outro? ou a Sande e a Mónica? Anda ya, non me fagas rir, todos os compoñentes dos partidos votan sempre o mesmo, pa eso se reunirán antes de plenos e comisións miña rula. O BNG da Laracha non o fai? Así lle vai tamén, jaja. En Maio disfrutaremos de outra maioría absoluta, e que os dous o vexamos, que ben o vou pasar ese día.

    E despois dis que eu perdo as formas, e vas ti é chámasme FACHA? jajajajajajajajajajajajajajaja, non podo parar de rir. E digo eu, facha por qué? jajaja, que mal te puxeches de repente meu deus, douche un aire mentras escribías? jaja.

    “A min enorgulleceme as cores que cos meus ideais represento”, jajajajajajajajajajajaja, esto vai para os anales da histeria, digo, da historia, jajaja, como diría el Chema: “me parto y me mondo”, jajaja, definitivamente douche un aire, menuda frase de perogrullo, e seguro que sacaches peito mentras que a escribías, jajajajaja.

    Bicos rulaaaaaaaaaaa. Sigue así, enorgullécete das cores que cos teus ideais representas(jaja, e que non podo parar de rir la virgen), que nós seguiremos colleitando maiorías absolutas, jaja.

  27. on 01 Mar 2011 at 11:12 p.m. 27.avogado defensor said …

    Por certo, Cochiquí, rite algunha vez cos meus comentarios oh, non só cos de fustigadora, xa sei que os meus che fan menos gracia, pero así motivaríasme máis pa escribir, non ves que se lle ris sempre as gracias a ela perdo a ilusión por escribir, jajajaja.

  28. on 02 Mar 2011 at 12:19 a.m. 28.dalleavolta said …

    Pois eu quedeime coas gañas de coñecer a fustigadora, vestida de coiro e coa fusta ten que dar un morbazo… jeje.

    Vou facer un inciso, moita xente non é ‘facha’ (que é unha definicion que ainda estou estudiando a fondo) pero si esta en contra de cambiar o nome das ruas, quitar estatuas,e cousas similares. Quero crer que estas concelleiras, e algunha coñezoa, non son propensas a cantar o cara el sol, nin partidarias de Franco, pero claro, todo aquel que non quere cumplir a ley da memoria histerica tachano de facha.

    O problema de todo esto…a Lei de Memoria, que está mais enfocada ao mediatico que ao historico

  29. on 02 Mar 2011 at 12:26 a.m. 29.fustigadora said …

    Cochiqui, faille un pouco a pelota o avogado que temos o neno celosito…e xa ameaza con non escribir mais!!
    …e ti xa sabes…si él non escribe…o blog vaise o tacho!!

  30. on 02 Mar 2011 at 12:47 a.m. 30.fustigadora said …

    O Avogado defensor:
    Sinto defraudarte, pero non me molesto en mirar as audiencias, para eso xa estas ti!
    No referente a epoca de meu avo…tes razon, as veces entre o nome da praza, o caciquismo…non me centro moito na epoca na q vivo…liome!!
    Xa che comentei q eu quedeime en infantil,eu non sabia q para entrar no concello facian falla estudios, xa sabes como antes entraban os fillos de…, o enchufado..xa che dixen q non me centro moito no tempo
    Ah por certo, non perdin as formas por chamarte facha, pode ser que non utilizase a palabra correcta, igual a idonea era HIPOCRITA, pidoche disculpas.

  31. on 02 Mar 2011 at 10:49 a.m. 31.avogado defensor said …

    No, qué va… que lle vai máis o teu rollo de…“A min enorgulleceme as cores que cos meus ideais represento”, juajuajuajuajuajuajua.

  32. on 02 Mar 2011 at 1:02 p.m. 32.avogado defensor said …

    Bo día.

    FACHA: “La palabra FACHA es un comodín que se utiliza para desacreditar cualquier argumento contrario a la ideologia de moda en los partidos de izquierdas. Cuanto más razonables sean tus argumentos y más insostenible se haga la postura defendida por tu oponente dialectico, menos tardará en aparecer la palabrita de marras.”

    “(Acort. del it. fascista).
    1. adj. despect. coloq. fascista. U. t. c. s.
    2. adj. despect. coloq. De ideología política reaccionaria. U. t. c. s.”

    Pérdeches as formas sí, non é que non utilizaras a palabra correcta, e que sí dixeches o que querías dicir, tanto que te vanaglorias da túa educación e xa ves que é un adjetivo despectivo, pero claro, agora intentas recular chamándome HIPÓCRITA. Te recuerdo tu frase: “donde dije digo… digo Diego”. Pero non ves que sempre caes nas túas propias palabras… ay miña ruliña, que vou facer contigo.

    Ah, e outra pequena cousiña, xa que tanto dis de que tamos nun país democrático e de liberdade de expresión, que sepas (que xa sei que o sabes), que cada vez que público un comentario ponme unha frase que di: ” O TEU COMENTARIO AGARDA A SER MODERADO…..”
    TOMA MORENOOOOOOOOO!!!!!!!!!! VIVA A LIBERDADE DE EXPRESIÓN!!!!! E despois son eu o facha… anda yaaaaaa”

    Ben dito dalleavolta, eu son un deles, e suscribo punto por punto todo o que dixeches no teu comentario.

    Saúdos a todos e un bico pa miña rula “educada”.

  33. on 03 Mar 2011 at 1:53 a.m. 33.fustigadora said …

    Quero decirlle a dalleavolta, que por favor leas o comentario numero 11 (q esta escrito por min); e despois…falamos!!(xa me contaras a tua interpretacion)
    Avogado: di a verdade…ti non sabias como ias a facer para ensinarme q xa aprendeches a buscar palabras no diccionario..dase en 3º de primaria, non? como avanzas!!!
    Doiuche que che dixese q eras mal educado, pero si votas a lingua a pacer de ese xeito…tes q comprender…q o diga, pq realmente é o q penso!!
    xa sabes “el que se pica…”

  34. on 03 Mar 2011 at 11:53 a.m. 34.ALfurtivo said …

    Calquera día vemos aos fachas estes do cortello cantando o “cara al sol” na praza polas mañas…
    Fora todo simbolo franquista!!! polas boas ou polas bravas… A forza do pobo sempre será maior que a de ningún dictador.

  35. on 03 Mar 2011 at 1:08 p.m. 35.avogado defensor said …

    Bo día.

    Sí, fusti sí, reune amigos para la causa…

    E segue dicindo que o de facha non é un insulto, xa sabes: “A min enorgulléceme as cores que cos meus ideais represento”, jajajajajajajajaja.

    Bicos ruliña.

  36. on 03 Mar 2011 at 2:40 p.m. 36.dalleavolta said …

    Fustigadora, non entendin ben pq me dis que lea o comentario 11, fixen algunha alusion ou entendeuse mal o que expusen?

  37. on 04 Mar 2011 at 2:42 a.m. 37.Azu said …

    XDDDDDDDDDD esta Fustigadora fai honra do seu nome!!

    Mentras leia este entretido debate veume unha pregunta a k
    cabeza….si ó final deran o SI para retirarlle o nome a praza(sabemos que lamentablemente non vai ser asi)…que creedes que farian?
    -unha votación popular para escoller o novo nome? (dame a min que non)
    -ou porianlle,para maior gloria del,a PLACA, a Nai das Placas,co nome do clariso???XDDDD

    Buffff…ke chunga son carallo….ferveme o sangue so de pensalo….

  38. on 04 Mar 2011 at 12:06 p.m. 38.fustigadora said …

    Dalleavolta….ti q interpretaches?

    Alfurtivo…graciñas polo teu apoio!!

    E por ultimo…a outra metade desta relacion sado-mado….eres un FASCISTA!!

    Non tes mais q leer o q ti escribes e como te expresas….sempre tes en mente (na tua por suposto) que cada vez q falas…sentas catedra!
    …e nada mais lonxe!!!jajajaja

  39. on 04 Mar 2011 at 3:03 p.m. 39.avogado defensor said …

    Sí ruliña sí, jaja, ti segue co mesmo, cos teus descalificativos, que eu seguirei tamén co mesmo: “A min enorgulléceme as cores que cos meus ideais represento”, juaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaasssssssssss, juassssssssssssssssssssss, juasssssssssss.

  40. on 04 Mar 2011 at 7:28 p.m. 40.fustigadora said …

    E que non o tes q tomar como un descalificativo…cada un é como é; non sei si sabias… que cada persoa NON É como ela cree…se non COMO A VEN OS DEMAIS.

    E a ti tamen te enorgullecen as cores q representas, ó igual q as tuas formas de pensar…non che ten que parecer mal.
    A min todo mundo me di que eu son morena, e sí que o son…e pareceriame mal que me chamasen rubia, pq non o son!!….pero bueno…quizais e unha cuestion de “color”

  41. on 05 Mar 2011 at 12:15 p.m. 41.avogado defensor said …

    Lalala…….

    Quererte a ti
    es querer ganar el cielo por amor
    es haber perdido el miedo al dolor
    es luchar contra nadie en la batalla
    y ahogar el fuego que me nace en las entrañas

    Quererte a ti
    quererte a ti
    es callar y aguantar

    Lalala……

  42. on 05 Mar 2011 at 4:03 p.m. 42.Cochiquí said …

    Pola nossa parte vamos fechar os nossos comentários. Para nós (por moitas desculpas de que nom som franquistas)sempre seram franquistas. Na praça está a prova. Se viajamos a Austria ou Alemanha e chegamos a um concelho e vemos umha praça co nome de Hitler, vamos pensar o mesmo, que alá som nazis os seus governantes. Vos podedes continuar comentando se queredes, nós rematamos.

  43. on 03 Abr 2011 at 1:34 a.m. 43.ASOMBRADA said …

    ESTO TODO QUE POÑEDES AQUI PARECEME BEN POUCO SERIO !!!!!….. parecedes uns meniños insultandovos e picandovos”que si te eres franquista e ti non pero parecelo…”…..Non creo que a ninguen lle interese vivir baixo unha dictadura nin os dun partido nin os doutro. …As dictaduras non son boas pa ninguen pero os Nacionalismos tampouco eh!!!!….
    A dictadura xa pasou e cousa do pasado E PUNTO…
    Parece que solo sabedes insultar e difamar a xente……con caricaturas e merdadas que vos representan como MOI POUCO SERIOS de cara os cidadans….SIGO DICINDO SODES MOI POUCO FORMALES DE DIOS NUESTRO SEÑOR !!!!….

  44. on 05 Abr 2011 at 5:02 p.m. 44.Cochiquí said …

    Ola ASOMBRADA, benvida a caixa dos comentarios.Nós xa fecharamos os nosos comentarios desta anotación ,pero imosche respostar.
    Pareceche pouco serio a anotación?, paracheste a le-la?. As vitimas do franquismo ben seguro que tamén lle pareceria pouco serio que un concello aínda a dia de hoxe conserve rúas adicadas a Franco, e non cumpra a lei que ordena a retirada de elas.Ás que lle roubaron os fillos, aos que lle mataron a familiares que aínda a dia de hoxe teñen que andar buscando en fosas as veiras das estradas… Estou de acordo no que dis dos comentarios ( pero en parte) pero aquí cada un é libre de poñer o comentario que lle pete o mesmo ca ti.
    Ti dis que a ditadura rematou, pois daquela debe de haber concelleiras e concelleiros do PP que a botan de menos senon non nos explicamos que lle sigan adicando rúas a dictadores.
    Estou de acordo co dos nazionalismos,nazionalidades, nazións… Ogalla houbera un mundo sen fronteiras salvo as culturais ou naturais…sen exercitos…
    E para rematar queriache facer unha pregunta, se ma queres responder. Cal é a túa nazionalidade?(espero que entendas a pregunta)
    Ah e dalle recordos da nosa parte a ese teu “dios nuestro señor” por ser tan formal é tan xusto.
    Saúde.

  45. on 11 Abr 2011 at 6:22 p.m. 45.ASOMBRADA said …

    Hola Cochiqui, dinlle recordos da vosa parte a “Dios nuestro Señor”…envíavos saludos moi afectuos da sua parte…ja ja ja …e que sodes moito…Ah! por certo a miña naCionalidade é Nacionalidad Española, (e xa che entendin a pregunta) por certo; con esa forma que tes de escribir non sei a donde pretendes chegar, enseñalle a un fillo teu a escribir así e mandao a universidade a Salamanca o de Madrid a estudiar.. haber como se apaña…