Sen clasificar 02 Mar 2011 09:30 p.m.

ADEUS AO CORTELHO DA LARACHA

Cando comezamos este bloge, a verdade e que nunca pensamos que chegariamos ata aquí e menos que iamos ter tantas entradas, máis O Cortelho da Laracha coma case todo ten o seu ciclo. Ciclo que algúns pretenden perpetuar de por vida coma O Porco Triunfante,( obra de George Orwell  e que dende aquí recomendamos a súa lectura).

Coma dixemos nalgún comentario,chegamos a estar moitas veces entre os blogues máis visitados de Blogaliza. Non fomos primeiros nunca, para que imos a mentir. Nós nunca poderiamos competir con editoriais, políticos…máis para ser un bogue local non temos queixa.

Dende O Cortelho intentamos achegarvos a tradición oral. Esa cultura que non se ve, que non se copia e se pega, como fan outras páxinas que ao final repítense máis ca unha empanada de cebola. Tamén que vexades que aí fora hai unha natureza incribel, só tedes que pararvos un pouquiño e observala. De feito é raro que tódalas semanas   non teñamos entradas de buscar información sobre as orquídeas salvaxes  que se dan na Laracha, ademais de outras anotacións sobre a natureza.

Máis ben seguro que para moitas e moitos ( ou polo menos nos comentarios así se ven reflexados) o tema estrela sexan os anti-caciquiles e as súas foto-montaxes. A verdade e que  a cabeza e o photoshop dan para moito, hahaha.

Bueno dixemos que pretendiamos deixalo, aínda que para algúns sexa unha antroidada (quen sabe)  e comezar unha nova andaina. Pedíronnos que seguiramos …. e que carallo , O Cochi-guevara segue con ganas de Revolución. Aínda lle quedan algúns cartuchos no cargador, iso si o último é para el. Ademais coas “Erecións munisipais” as portas non nos iamos a retirar. Se cadra presentamos unha candidatura para o Cochiqui.

Mentres non nos corten as ás, seguiremos voando.

Porque paxaro que non voa morre…

23 ResponsesADEUS AO CORTELHO DA LARACHA to “”

  1. on 02 Mar 2011 at 10:40 p.m. 1.avogado defensor said …

    Boa noite,

    O día dos inocentes xa hai máis de 2 meses que foi.

    Necesítante en Libia logo?

    Un saúdo.

  2. on 03 Mar 2011 at 2:07 p.m. 2.Pericám said …

    Estás de broma ou???

  3. on 04 Mar 2011 at 2:45 a.m. 3.Azu said …

    Espero ke sexa unha antroidada!!:S

  4. on 04 Mar 2011 at 11:15 a.m. 4.Morcego said …

    Sei que te visitaron os das SS!!!

  5. on 04 Mar 2011 at 7:21 p.m. 5.fustigadora said …

    Homeee… agora q a miña relacion co avogado “vai tomando color”!!!
    Pq nos dis adeus? e pq o avogado nos ameaza con deixar de escribir?
    Si tiña razon…si el non nos escribe…imos o tacho!!
    e claro…tanto falar..tanto falar…

  6. on 04 Mar 2011 at 11:28 p.m. 6.dalleavolta said …

    agora que viñan as eleccions e iba haber chicha de la buena…

  7. on 05 Mar 2011 at 2:18 a.m. 7.Eddie Cochram said …

    Non ah ho….non pode ser…

  8. on 05 Mar 2011 at 12:26 p.m. 8.avogado defensor said …

    Para fusti:

    “A min enorgucelleme as cores que cos meus ideais represento”, SI SI SIIIIIIIII, OLE por aquí, OLE por allí, OLE, OLE Y OLEEEEEEEEEEEEE.

    Para todos:

    Shhhhh,(en voz baixa pa que non nos oia), non lle digades nada, pero creo que ten un trastorno obsesivo compulsivo, porque agora xa non escribe ningún comentario sin referirse a min, shhhhhhh. A ver se lle alegramos o día entre todos (ahí vou eu que son moi romántico, xa me coñecedes).

    Para fusti, con cariño:

    Lalala…

    Siempre serás la niña que me llena el alma
    Como un mar inquieto, como un mar en calma
    Siempre tan lejano como el horizonte
    Gritando en el silencio tu nombre en mis labios
    Sólo queda el eco de mi desengaño
    Sigo aquí en mi sueño de seguirte amando

    Será, será como tú quieras pero así será
    Si aún tengo que esperarte siete vidas más
    Me quedaré colgado de este sentimiento

    Por amarte así
    Es esa mi fortuna, es ese mi castigo
    Será que tanto amor acaso está prohibido
    Y sigo aquí muriendo por estar contigo
    Por amarte así
    A un paso de tu boca sin poder besarla
    Tan cerca de tu piel y sin poder tocarla
    Ardiendo de deseos con cada mirada
    Por amarte así…

    Lalala…

  9. on 05 Mar 2011 at 10:33 p.m. 9.dalleavolta said …

    sera porque cerraron o cortelho ao haber tanto cocido estos dias

  10. on 06 Mar 2011 at 3:34 p.m. 10.Cochiquí said …

    Ola a todos e todas.
    Colgamos antes a foto-montaxe antes que a anotación. A ver se a poñemos estes dias, logo contestamos os comentarios.

  11. on 07 Mar 2011 at 10:23 p.m. 11.o neno de fora said …

    No fastidies! Ahora que por fin encuentro algo bueno para leer en Gallego y te me piras? O te vas porque en Libia hay mas rollo que aquí?

  12. on 08 Mar 2011 at 6:01 p.m. 12.dalleavolta said …

    Non podedes marchar, este blog e outro xeito de facer Revolución !! Hai que loitar contra o caciquismo imperial e achegar a cultura galega aos blogueiros, iso é algo que eu penso que este blog esta a facer.

    Saude e adiante!

  13. on 08 Mar 2011 at 9:03 p.m. 13.Cochiquí said …

    Anticipastesvos algho nos comentarios, pero a ver que vou respostando por aí.
    Dalleavolta, ghrasiñas polas felicitacións.Non sei ata onde imos cheghar, pero ata as “erecións municipais” seghuro.
    Neno De Fora, aleghrome que che ghuste oh, e do de Libia penso que o pobo libio cheghase para botar ao dictador de sobra…
    Eddie,Morcego,Azu,Pericam, viran outros cochiños no meu sitio oh,hahaha. Non hai nighen imprescindibel nesta vida.
    Fustighadora, que queres que che digha, pero eu non te vexo co avoghado,hahaha e menos coas paranoias que che escribe.
    Avoghado ti sempre pro último. Mira o dos Santos inocentes coma ti dis non é unha tadición ghalegha. Aquí nunca se celebrou eso. Non sei se é alghunha invención comercial ou de outro sitio. Aquí cando se querian ghastar bromas ou outro tipo de coñas era no antroido, pero bueno quen sabe se esto foi unha antroida. E machiño, a ti choveche moito, pero moito de Deus.A onde carallo vas coa canción esa…? Meu neno se nós fumamos ti non sei que carallo te metes,
    Ah e esqueciame, a ver se ve alghen Do bloghe anticaciquil de Ordes, que está parado. Pra ser que vos inspirastes en nós, logho o deixastes. Veña dadelle pra diante oh
    Saudos a todas e todos

  14. on 09 Mar 2011 at 12:08 a.m. 14.avogado defensor said …

    Ay Cochiquiño,

    Que pouco romántico me saíches meu neno.

    Non te celes, que ti ben sabes que a ti tamén te quero meu rei.

    Saúdos e benvido de novo aquí, a ésta que sempre foi a túa casa.

  15. on 09 Mar 2011 at 6:44 p.m. 15.Cochiquí said …

    Celoso de ti?. Sabes que di unha señora maior que coñezo, que “quen non ten celos non quere…”. Daquela se ti dis que teño celos de ti, debe de ser que quero a fustighadora,hahaha.
    Saúdos meu.

  16. on 09 Mar 2011 at 10:35 p.m. 16.avogado defensor said …

    Homeeeeeeeeeeeeeeeee, deso se trata, de roubarme a miña fusti, deixa a miña fusti tranquila que tamos vivindo un amor totalmente platánico… digo satánico… digo platónico… digo daltónico. Bueno, tamos vivindo un amor, deixémolo así.

  17. on 10 Mar 2011 at 12:06 a.m. 17.dalleavolta said …

    Porque non facemos unha quedada cochiquil, igual sae un matrimonio e todo jojo

  18. on 11 Mar 2011 at 2:15 p.m. 18.fustigadora said …

    Bos dias!!

    Estes dias de antroido estiven un pouco desconectada..(do blog, refirome)
    pero letrado…a ti desconectouseche o cerebro!!!
    ti non te meteras basuco?ese trastorno psicotico q tes ti…e de serie? ou ven polo q te metes?
    “A miña fusti” e esas cancions q te largas….buf mimaaaa

    Non fai falla tanto romanticismo…non te escondas detras del… xa sabes q a ti vaiche a marcha!!!

  19. on 11 Mar 2011 at 4:46 p.m. 19.avogado defensor said …

    Boa tarde,

    Ayyy, como me pos fiera… que te papo toda, arggggggg!!!!!!

  20. on 11 Mar 2011 at 5:05 p.m. 20.Cochiquí said …

    Dalleavolta, vexo dificil facer unha quedada… quen sabe máis adiante.

  21. on 11 Mar 2011 at 8:19 p.m. 21.Azu said …

    Alguén falou de unha quedada? hoxe enviaronme este enlace,quizais podiamos empezar por algo asi.. 😉

    http://malestar.org/

  22. on 11 Mar 2011 at 10:18 p.m. 22.Cochiquí said …

    Ghrasiñas polo enlace Azu, quen sabe secadra o cortelho remate en algho paresido, todo é falalo. Saúdos.

  23. on 17 Mar 2011 at 12:44 a.m. 23.esKrapote said …

    Non botes soberbias cochiqui!! Non vaia ser que te pille a lei Sinde, ou unha aínda peor , depende de quen vaia gobernar e a imaxinación que lle bote. Saúdos e sigue así, dando caña que fai moita falta. Nos aportaremos o noso gran de area.