Clarisadas 12 Mar 2011 06:11 p.m.

O CORRUPTO II

Esta fin de semana tocou ir ao cine coa churri. Antes de ver a peli  collemos un caldeiro de folerpas de millo e un litrazo de refresco de cola, a rutina de sempre. Pois nada, vimos un peliculón  (seghún as súas amighas).  Peliculón decian elas… vaia tostón de película. Pero a quen se lle ocorre ir ver unha historia da mafia italiana. Pero si os italianos as únicas películas boas que tiñan, eran aquelas de Jaimito nas que facía de paloias  e nas que saia sempre unha tipaza que che facía subir o libido ata … E tamén como non esas da Chicholina…  bueno eu estas  teño sentido falar de elas eh, hahaha. 

A primeira parte disque era moito mellor ca seghunda ( nunca seghundas partes foron boas) que había máis ostias, corrupción e tias boas, claro. Bueno vou resumir un pouco a historia, así afórrovos o traballo de ir a vela.

É a continuación da que contaba a historia dun aprendiz de xastre, Clarisini, que   cheghara a ser xefe da camorra e tamén o máis rico dun pobo italiano. Este mafioso sacara da rúa a un rapas de unha familia humilde chamado Lope-tuso Varelini. Este mozo fillo de unha familia de esquerdas e simpatizante de un partido nacionalista aceptou traballar para el a cambio de non facer o servizo militar. Co vello aprendeu tódalas mañas habidas  e por haber sobre a corrupción, branqueo de cartos … Un dia tivo tivo que poñerse a fronte da camorra, xa que ao vello estábanlle pisando os pes a xustiza. O vello aínda que retirado, seghía tirando dos fíos por atrás, máis pouco a pouco o novo padriño foise desmarcando do patrón . E cheghoulle o seu dia. Fixo un plan urbanístico a súa medida e os dos seus secuaces.  O políghono industrial aparte de poñelo onde tiña terreos outro mafioso colegha de el, un tal Epifanini, estaban case peghados a onde a súa familia tiña terreos de pouco valor económico. Para disimular, no primeiro proxecto nos incluíu,pero para sorpresa da veciñanza cando foi aprobado o proxecto final os terreos da súa familia e en especial os de un tío seu aparecían incluídos no políghono. O tío de este era un pobre home que se emborrachaba e que non tiña fillos, A súa herdanza iria parar aos seus dous sobriños, un de eles o novo padriño. Os terreos pasaron de non valer case nada a valer unha fortuna. Un día o Padriño levou ao tío a cobrar os cartos dos terreos, pero coma ía todo borracho e mexado deixouno quedar tirado na veira da estrada. Xa lle collería os cartos outro día… (ostias  a mafia non ten ninghún escrúpulo). O señoriño este morrería de frío  enriba de un vello colchón e na miseria, mentres o seu sobriño comía percebes cos seus compinches.

   Outro dos pelotazos armouno cun cacique do pobo mariñeiro  CALLONezia. Enghanaron e roubáronlle os terreos  aos mariñeiros para que os ricos puideran facer vivendas de luxo con vistas ao mar.

Non conto máis,que penso que xa abonda. Bueno pra ser sinceros, conto o que vin, xa que a outra parte estiven peghando a orella ao sillón, hahaha.

CONCLUSIÓN: Tostón de película e que cartos máis mal tirados. Os actores, malos malos, malotes  “en el peor sentido mas peyorativo  del termino” ( esta frase non é miña  é dunha tal Rosa Diez , que usou para definir aos ghaleghos). Os cartos se os ghastara de viños na rúa da Estrela da Cruña e nunhas tapas na Bombilla irían mellor empreghados.

DEDUCCIÓN: Que o caciquismo a Ghalisia trouxérono os Romanos hai 2000 anos.

12 ResponsesO CORRUPTO II to “”

  1. on 12 Mar 2011 at 10:54 p.m. 1.Azu said …

    Estas peliculas e o que teñen,ke vista unha vistas todas…A ver si aparece algún dia un director que nos sorprenda con un bo guión!!

  2. on 14 Mar 2011 at 12:04 a.m. 2.dalleavolta said …

    Pois a min o que me sorprendeu foi a parte de que a familia do rapas era de esquerdas, e el simpatizante dos nacionalistas. Outra pelicula moi semellante tiña como protagonista a Monchini de xoios, pode ser?

  3. on 14 Mar 2011 at 2:29 p.m. 3.Cochiquí said …

    Azu, si o que fixo o ghión non foi de moi lonxe presinto eu. Tes razón estas pelis ves unha e velas todas, hahaha.
    Dalleavolta, creo que ese personaxe que ti dis ben merece unha peli. Habera que facerlle un ghión tamén. A teta é a ostia, por mamar vese que se cambia de chaqueta de contado.

  4. on 14 Mar 2011 at 9:07 p.m. 4.Eddie Cochram said …

    Encántanme os filmes de mafia. Pero dáme que isto non só se trata dun filme, trátase dunha mafia real que nos leva ghobernado dende fai moitos moitos anos. Creo que xa se está a preparar o sucesor na Familia, é un tal Venturini, dos da ala dura, ao que está aghora paréceme que non lhe queda moito.

  5. on 15 Mar 2011 at 11:01 a.m. 5.Táuntempomatón said …

    Ja,ja,ja, ¡Que temble Segura!!!, non ten nada que facer o voso lado.
    Merecedes un Oscar.

  6. on 15 Mar 2011 at 7:25 p.m. 6.Cochiquí said …

    Eddie, unha historia real coma a vida mesma. Din por aí que o PORCO DE PE vaise para a xunta.
    Taúntempomatón, o que nos van dar ben sei eu que vai ser, hahaha, non precisamente un trofeo….

  7. on 15 Mar 2011 at 10:31 p.m. 7.dalleavolta said …

    jojojo esto ponse interesantismo, o reconverso de san roman para a xunta, e o de comians para o cortello, madre mia madre mia. Eu prefiro a Monchiño, que polo menos paja algun cafe jajajaja

  8. on 16 Mar 2011 at 8:03 p.m. 8.Cochiquí said …

    Monchiño sempre será un seghundon, e ten boa duda en paghar xo meterá en dietas,hahaha

  9. on 16 Mar 2011 at 8:58 p.m. 9.chuza.gl said …

    "O Corrupto II" um filme larachês baseado em factos reais…

    Filme sobre a especulaçom no polígono industrial da Laracha e o Clariso, mafioso local: "O políghono industrial aparte de poñelo onde tiña terreos outro mafioso colegha de el, un tal Epifanini, estaban case peghados a onde a súa familia tiña……

  10. on 17 Mar 2011 at 12:31 a.m. 10.esKrapote said …

    Vaia peliculón! creo que aínda se poderían facer varios capítulos máis. Polo que dicides espéranos unha campaña municipal con moitas sorpresas, quen sabe se nos resultados tamén…

  11. on 18 Mar 2011 at 10:43 p.m. 11.pepe_de_tuixe said …

    Quén son os actores? A interpretación, a adaptación do personaxe á vida real… nótase que o guión está moi ben pensado, jeje

  12. on 21 Mar 2011 at 8:14 p.m. 12.Cochiquí said …

    Ola Pepe de Tuixe, os actores xa se dixo malos, malotes… O ghión parece que foi feito a medida. Benvido a caixa dos comentarios.