Porras 09 Mai 2011 12:05 a.m.

II Porra “Espesial Eresións Munisipais”

ESPESIAL ERESIÓNS MUNISIPAIS

“ Esperta do teu sono,

que a túa porta están petando

Véñenche  traer, véñenche vender

as marabillas do mundo metido nun sobre…”

 

Bueno sen tempo non era. Cremos que xa se botaba de menos unha boa porriña, e que paresia que estaba a cousa parada. Como dixo alghén por aí “ fai falta chicha”. Esta ves se cadra non é tan doada a preghunta. Aproveitando a estasión das Eresións munisipais propoñémosvos que asertedes cantos conselleiros  vaia sacar cada partido (PPene, BNGhaitas  e PSOEnghaitas).

Esta ves tamén cambiamos o premio. Pasamos da botella de casique. Como o lema do Cortelho é “dalle o que poidas que non se ghasta”,  pensamos en sortear  un palé de condóns. E como non tamén uns latighos e unhas esposas  para amantes das emosións fortes. Tamén pensamos nun tanghita encarnado que lle fasia moita ilusión ao noso ben querido avoghado defensor… O que pasa e que a crise tamén nos afecta a nós. Maghoa que nós non teñamos tamén a variña maxica, esa coa que contan os políticos que che consede o que queiras. Desta imos sortear entre os asertantes unhas  sinco  camisolas  do cortelho da Laracha e tamén un lote de condóns. Tampouco ta tan mal non?,hahaha.

Veña animádevos a partisipar e a ver quen ten a Eresión máis ghrande.

68 ResponsesII Porra “Espesial Eresións Munisipais” to “”

  1. on 23 Mai 2011 at 10:35 p.m. 1.esKrapote said …

    Creo que non gañei a porra, pero pa min que houbo pucherazo.
    Contarían ben? Algún non botaría 2 ou 3 papeletas da gaviota?
    Miraron que non votara ningún morto?
    Non haberá 20 ou 30 empadroados no mismo piso de 30 metros cuadrados?

    Polo que se ve, a saga continúa…

  2. on 23 Mai 2011 at 10:52 p.m. 2.esKrapote said …

    Hai xente moi graciosa por aquí polo blog, españois, avogados… O día que non participen cas súas infantiles ocurrencias, acabouse esto. Xa me jodería que pecharan antes o Cortello da Laracha que Intereconomía, jajajaja…

    Por certo, para cando o Cortello da Laracha en formato de papel? porque, escoitei algo por ahí…

  3. on 24 Mai 2011 at 9:15 a.m. 3.avogado defensor said …

    Moitas gracias esKrapote, pa xente seria e responsabel xa te temos a ti, oe, preséntate a alcaldía joer!!! jajaja.

    Vai salir un sucedáneo da Arnela? Non gastedes cartos en “infantiles ocurrencias” oh, jojojo.

    Vaian adicadas estas rimas do gran Gustavo Adolfo Bécquer para estas ilustres mentes pensantes do Concello da Laracha:

    1ª- (para o gran esKrapote)

    De un reloj se oía
    compasado el péndulo
    y de algunos cirios
    el chisporroteo.

    Tan medroso y triste
    tan oscuro y yerto
    el BNG se encontraba…
    que pensé un momento:

    “¡Dios mío, qué solos
    se quedan los muertos!”

    2ª- (para a miña adorada ruliña)

    Los suspiros son aire, y van al aire.
    Las lágrimas son agua, y van al mar.
    Dime, mujer: cuando el BNG se olvida,
    ¿sabes tú a dónde va?

    Van como anel ó dedo verdade? jua jua jua jua jua jua jua.

    Bicos pra todas.

  4. on 24 Mai 2011 at 11:29 a.m. 4.PorcoDePé said …

    Avogado,penso que te enganaches de nome. Praza do “generalísimo” é a praza do “generalísimo” non do concello. Xa que os vosos concelleiros e as vosas “concelleiras franquistas” así o queren. Non me veñas con “praza do concello” porque o seu nome é “praza do generalísimo” porque así o queredes…

  5. on 24 Mai 2011 at 1:59 p.m. 5.dalleavolta said …

    jajajaja este español é a leche, era o que faltaba, batasuna na Laracha, identificando a xente como fai eta cos periodistas, ameazando, calquera dia poñen bombas jajajaja tades fatal. Hai que reconocer que gañaron, que a oposicion algo fixo mal e hai que aprender dos erros. Agora ben eh, non esperariades que perderan a maioria absoluta non?

    Español, si queres digoche onde me podes encontrar, pero acude sin armas oh, que eu como moito podo levar un javillo

  6. on 24 Mai 2011 at 2:14 p.m. 6.dalleavolta said …

    e por certo, non sexas demagoxico…non se fixo o mitin na casa da cultura porque para ese dia habia unha obra de teatro. Non a fan en todo o ano pero cando e por joder aos demais si, xa menos mal que lle deron o privilexio de estrenar o edificio administrativo a dios jracias

  7. on 24 Mai 2011 at 4:16 p.m. 7.Azu said …

    Coño! o tal Español non nada con caralladas XDDD supoño que eses comentarios que fixo irá polos veteranos do blog,asique eu non corro risco de que me …que? porque non vexo eu a que ven eso de ” Tres ya están pero tranquilos que caeréis por vuestro propio peso y no es una amenaza” pero bueno,que si quere un cara a cara con calquera dos que nos asomamos por aqui,falemos moito ou non…. por min non hay fallo,eu non me agocho.A ver quen e o cobarde agora,veña oh,invitote a un café cando queiras,xa que tes ganas de conocer a xente…que non se diga!!

    No referente ós resultados….so podo decir unha cousa,sigo sentíndome avergonzada de onde vivo,que non fan mais que protestar pero non fan nada pa optar a un cambio,moi ben,sigamos enchéndolles ben a maseira…Puto noxo.

  8. on 24 Mai 2011 at 6:51 p.m. 8.Cochiquí said …

    Olá a todos os que comentam e aos que nom comentam e lêm isto. Vaia, como se quentou a cousa estes dias despois da goleda do PP, hahaha.
    Polo que vim, só hai dous vencedores, Vaites e Maria. Máis nom acontece nada, as outras três ímolas sortear entre os que participastes. Estes dias vamos colocar como se fai o sorteio. Venha saúde para todo quisque

  9. on 24 Mai 2011 at 9:27 p.m. 9.MANOLO said …

    GAÑOU O PP PORQUE O TIÑA MOI MERECIDO. ENFRENTE TIÑA UNHA OPOSICIÓN SEN ARGUMENTARIO, QUE LLE PARECE QUE CON “GRACIAS” COMO AS QUE APARECEN A VECES NESTE BLOG OU A SEMANA PASADA NO FACEBOOK DO PSOE VAN CONSEGUIR ALGO.ASI DEMOSTRAN QUE SON PARTIDOS VACÍOS DE CONTIDO E CHEO DE NIÑATOS QUE SE VAN DE SIMPATIQUILLOS. O POBO NON É TONTO, E ESCOLLIU A MELLOR ALTERNATIVA E A QUE OFRECE MÁIS CREDIBILIDADE.

    DALLEAVOLTA ANTES DE SOLTAR COMENTARIOS INFORMATE UN POUQIÑO DAS ACTIVIDADES QUE HAI NO CONCELLO PORQUE VAIA TONTERIA QUE SOLTACHES: NA LARACHA TODOLOS ANOS CON SAN ISIDRO HAI TEATRO, E DENDE SEMPRE SE FIXO O VENRES ANTES DE SAN ISIDRO. TAMÉN HOUBO TEATRO O MES PASADO EN PAIOSACO E NO OUTONO O CONCELLO TAMÉN FAI SEMPRE UN CICLO DE TEATRO.
    QUE CREDIBILIDADE CREDES QUE TES SE NON SABEDES NIN O QUE PASA NO CONCELLO QUE VIVIDES.
    TANTO CRITICAR POR CRITICAR XA CANSA!!

  10. on 25 Mai 2011 at 12:39 a.m. 10.dalleavolta said …

    beeeeeeeeeeeeeeeeeen a ver si teño sorte dunha ves e me toca algo, e non sempre de pajar as cuncas carallo

  11. on 25 Mai 2011 at 1:06 a.m. 11.fustigadora said …

    Pero Avogado..ti agora moita leira…pero a hora de facer a tua porra…non se che viu o pelo???
    tan pouca confianza tiñas?? claro de seguro estabas liado coa campaña…os ultimos 15 dias foron un sin vivir!!
    En canto o resto…pensaba q ainda quedaba xente con mais cultura, pero vese q no noso pais…prosperamos lentamente….
    Dariaste conta q “gañastes en casi todo o pais” , pero bueno, so faltou q lle votaran a culpa a zapatero de matar a MANOLETE!!
    Por certo, a min tamen me gusta Becquer..

  12. on 25 Mai 2011 at 1:40 p.m. 12.Cochiquí said …

    Ola Manolo ben-vido ao cortelho.
    Nom sei se o PP o tiña merecido,pero para a maioria dos votantes si e dero-lhe a súa confiança.Nom estou de acordo co que dís da juventude, a gente nova também tem ideias e boas.É posivel que os velhos tenham experiência,
    máis eles podem opinar e faze-lo tam bem coma os veteranos.Imagino que no PP os novos tenhem voz e voto.No que diz do povo tes raçóm, “o povo é sabio”.Ja o dijo O Anxo quintana cando perderom as eleccións a Junta o bipartito.
    E do que falas de criticar, das criticas também se pode aprender. É umha magoa que os politicos nom se ponham de acordo entre eles, porque seguro que nós ía ir moito melhor…así nos vai.
    Eskarapote nom estaría mal em papel este bloge,hahaha. De todo-los geitos o que vos interese imprimideo por se um día desaparezemos.
    Saúde a todos e todas

  13. on 25 Mai 2011 at 8:32 p.m. 13.dalleavolta said …

    Tes razon manolo, algo de teatro si que se fai…o problema é que as compañias cada vez que fan unha obra encontranse con teas de araña por todos lados. En Paiosaco o centro social tamen está destinado a facer obras de teatro, e demais actividades. Non fai falta que digamos quen artellou a construccion dese centro, aparte do concello .

    E vouche dar a razon oh, quizas a lista do BNG non era a mellor, pero a ilusion por traballar pode mais que as caras bonitas. Eso si, non ia tan chea de caciques como a vosa…

  14. on 26 Mai 2011 at 11:19 a.m. 14.avogado defensor said …

    Jajaja fusti, estas eleccións foron as que máis me tiveron preocupado, tiña un medo enorme, xigantesco máis ben. A forza da oposición faciame temer o peor, era tan tan forte a campaña que estaban a facer que realmente o PP estaba moi asustado. Ogallá que todas as oposicións sexan coma a deste ano, eso quererá dicir que de 13 concelleiros pasarase a 14,15…próximamente.
    Por certo, o señor Sande manterá o sillón de deputado? Eu creo que o mellor que pode facer e volver a donde estaba e seguir repartindo citas no ambulatorio de Carballo, xa bastante ten con iso, jajajaja.

    Dalleavolta, vaia excusa máis pobre, non se fixo o mitín na Casa da Cultura porque ese día había unha obra de teatro, jajajaja, dios mío, nin que non houbera máis días pa poñer un mitín. O PSOE fixoo, vós non o fixestes porque vos gusta máis facelos nos bares e canto máis pequenos sexan mellor, así cos que iban nas listas xa os enchedes, jaja.

    PorcoDePé, xa o dixen un día nun comentario e agora volvoo a dicir, para haber se así queda claro dunha vez. As cartas chegan ó concello baixo 3 direccións indistintamente. As 3 direccións son as seguintes:

    – Praza do Xeneralísimo, como ben dis ti.
    – Praza do Concello, como digo eu.
    – Avenida de Finisterre, s/n.

    Xa o dixen no seu día, o nome oficial de Praza do Xeneralísimo pa min non é o acorde, e como non estou dacordo con ese nome eu uso o de Praza do Concello, que para min é o máis axeitado. Eu non son a corporación municipal, e como tal dou a miña opinión libremente, se non estou dacordo nalgunha cousa tamén o digo.

    Saúdos.

  15. on 26 Mai 2011 at 11:04 p.m. 15.raxo con patatas said …

    home dalleavolta, un casique é o que abusa de poder, e digho eu que tan casiques non serán se acaban de ser elixidos democráticamente polo 72% dos votantes. Parese q á xente lles ghusta bastante o que están fasendo,non? E tampouco estou dacordo co do teatro. Este ano fun ver varias actuacións á casa da cultura e tamén os monologhos dos de landrober a paiosaco. Tampouco podemos aghardar ter obras de teatro todas as semanas.

  16. on 26 Mai 2011 at 11:45 p.m. 16.dalleavolta said …

    avogado defensor, eu non son do bloque nin integrante das listas. O mitin estaba posto de antemán, a obra convocouse despois de saber as datas do mitin, supoño que seria para putealos jajajaja

  17. on 28 Mai 2011 at 7:40 p.m. 17.esKrapote said …

    Amigos, facendo unha análise seria, a oposición na Laracha como en moitos sitios tiña pouco marxe de maniobra. A extrema dereita sube a nivel local e autonómico non só aquí, en toda Europa.

    Vese que a crise non só é económica senon tamén moral. Dinse xa cousas como “un moro nunca será español ni catalán” sen ningún rubor, entre outras moitas máis da mesma índole. Un día temos que facer unha recopilación.
    A min daríame vergoña apoiar co meu voto a partidos que permiten tales afirmacións (e non falo xa de corrupción).

    Por certo, moitos dos que aquí falamos non vivimos da política nin nos interesa, temos a nosa profesión que tanto traballiño nos costou conseguir. Polo tanto aceptamos con “deportividade” resultados que preferiríamos que fosen doutro xeito.
    Habería que ver que pasaría se os resultados fosen outros, como reaccionarían algúns que nunca desempeñaron outra función allea á política. Xente que está vivindo da política por enchufismo e que seguramente, non sirve para outra cousa. A estes, ou lles aparece o enchufe apropiado, ou son nada de nada.

  18. on 28 Mai 2011 at 8:25 p.m. 18.MANOLO said …

    DALLEAVOLTA E DALLE CONQUE SE CONVOCOU 1º O MITIN QUE A OBRA DE TEATRO: TODOLOS VENRES COMO ESE, É DICIR O VENRES ANTERIOR A SAN ISIDRO HAI TEATRO.EU SEMPRE QUE PODO VOU Ó TEATRO E XA LEVO MOITOS ANOS INDO NESA DATA.ASI QUE DEIXA DE FACER DEMAGOXIA BARATA QUE INDA QUE ALGUNS O CREADES OS VOTANTES NON SOMOS TONTOS, E CREO QUE QUEDOU BASTANTE DEMOSTRADO O 22 DE MAIO.