Porras 01 Xuñ 2011 12:35 p.m.

REMATOU A 2ª PORRA DO CORTELHO DA LARACHA

Ola porreiras e porreiros da Laracha. Saúdos dende a emighrasión. Sinto non rematar o da porra antes pero e que aquí na alemaña non se ven presisamente a pasar o tempo. Pera nada tranquilos\as  que logho volto pra aí , que aghora que ghañou o PP por todos lados vai a comesar a haber traballo arreo. Por serto, xa sei que non ven a conto pero mira que lle chove a Merkel esta. Disque nos quere quitar días festivos, que en Europa os que curran só son os alemáns. E un carallo, xa lle ghustaría aos xermanos estes traballar coma os ghaleghos. Esta fulana aínda nos ha querer quitar a París de Noia . Hai non, por aí si que non pasamos. Nin festivos, nin París de Noia… iso si que non.

Ben o que iamos. Despois da gholeda do PP na Laracha e tunda que levou oposisión toca ver os resultados da Porra. O resultado final foi: PP (13), BNG (2), PSOE (2).  Polo tanto os únicos que asertaron  e ghañaron unha camisola foron Vaites e Maria.  

Pero coma nos sobran tres ímolas sortear entre os outros participantes.

-Dalleavolta    -Fustigadora    -Abcdef , (1, 2)

 -Eskarapote     -Azu      -Eddie Cochram (3,4)

-Raxo con Patacas    -O Roxo    -Yo también quiero chupar del bote   (5,6)

  –Táuntempomatón ,-Pepa de Tuixe    -Porco de Pé  (7,8)    

–Mariasolinha  -Suiza Larachesa   -Español   –Carrachiña (9,0).

Os que partisipastes tedes adxudicado dous números. Se alghún destes nº cadran coa terminasión do sorteo da lotaría nacional do Sábado tócavos a camisola. Se toca no ghrupo último, que  hai catro tócalles ighual a cada un unha. Tamos que tirámola casa pola…

Aos que vos tocou ,podedes disirnos que talla, cor preferides  e a onde queredes que vola enviemos. Mandádenos unha mensaxe ao noso correo electrónico. ocortelhodalaracha@gmail.com

Grasiñas a todos e todas por partisipar, e sinto deixar este bloghe  pero non se pode atender a todo. A ver quen carallo faia aghora as porras e os ghións das películas. Se se anima alghún de vos  xa sabedes no cortelho collemos todos.

Vivan os festivos e as sesións vermuts, e que se fodan os alemáns que nas teñen.

12 ResponsesREMATOU A 2ª PORRA DO CORTELHO DA LARACHA to “”

  1. on 01 Xuñ 2011 at 9:50 p.m. 1.esKrapote said …

    Parabéns pola foto, impresionante!! Como é iso de que deixas o blogue? Elo, non das feito ou que? Veña oh, será coña, non?

  2. on 02 Xuñ 2011 at 12:03 a.m. 2.Cochiquí said …

    Olá Eskarapote, malo será que nom volte home. Só foi trabalhar para o extrangeiro, pero malo será que nom colabore algo no bloge, pero claro estando alí nom se vai a enterar de moito do que pasa aquí. De tódolos geitos quedamos outros de resistência,hahaha.

  3. on 02 Xuñ 2011 at 3:44 p.m. 3.fustigadora said …

    Pero ti non sabes q os tempos da emigracion xa remataron?….Bueno…o mellor…xa voltaron…
    Penso eu q necesitaras un descanso pq despois destas eleccions….rematamos todos agotados!!
    Espero verte pronto por aqui cochiqui!!

  4. on 02 Xuñ 2011 at 4:07 p.m. 4.PorcoDePé said …

    Criminal a foto¡¡¡ hahahaha¡¡¡

  5. on 02 Xuñ 2011 at 4:36 p.m. 5.Cochiquí said …

    Ó rapaz é moito Fustigadora, na cabeça tem um mundo. Será por imaginaçóm. Pero aquí nom há moito travalho e cando toca toca. Ímolo botar de menos… a as súas historias,hahaha.
    A foto que nim clavada Porcodepé.

  6. on 02 Xuñ 2011 at 10:27 p.m. 6.dalleavolta said …

    jajaja ti nom seras deses cualificados que buscaba alemania eh. A foto e boisma,non hai un que se salve jajajaj

  7. on 03 Xuñ 2011 at 12:42 a.m. 7.Cochiquí said …

    O Cochiqui isste está cualificado de máis. Ata penso que é dos que vai levantar a Alemanha, e a Suiça de passo. Mágoa de rapas, era a “chicha” do cortelho. Pero vem umha canteira de cochiquis moi boa. A ver que passa issta nova tempada.

  8. on 03 Xuñ 2011 at 3:00 a.m. 8.Azu said …

    Bufff…moito me temo ke haberá mais dun ke teñamos ke voltar a emigracíón,aind ake espero ek amiña non sexa fora das fronteiras peninsulares,era o ke me faltaba!!! a foto salese!! ainda votei unhas risas! XDDDD haberá ke ver si toka logo!!

  9. on 03 Xuñ 2011 at 3:03 a.m. 9.Azu said …

    Por certo,eskribo kon K porke me da a gana,non porke non sepa eskribir (aviso antes de ke ninguén diga nada XDD ) si alguén molesta só ten ek decilo e voltarei a docilidade

  10. on 05 Xuñ 2011 at 7:50 p.m. 10.Cochiquí said …

    Olá Azú no final, nom tive-ches sorte, e po-lo que ti diz de escrever com k, acho que se entende de sobra, se alguém lhe incomoda tem dous trabalhos … se te deixas domear por isso … Olha hai um poêma de Celso Emilio Ferreiro que ti podes aplicar por escriver com K, que escreves por que si,porque che gosta, por que che peta queres e che da a gana….

    DEITADO FRENTE Ó MAR…
    Lingua proletaria do meu pobo
    eu faloa porque si, porque me gosta
    porque me peta e quero e dame a gana
    porque me sae de dentro, alá do fondo
    dunha tristura aceda que me abrangue
    ó ver tantos patufos desleigados,
    pequenos mequetrefes sen raíces
    que ó pór a garabata xa non saben
    afirmarse no amor dos devanceiros,
    falar a fala nai,
    a fala dos abós que temos mortos,
    e ser, co rostro erguido,
    mariñeiros, labregos da linguaxe,
    remo e arado, proa e rella sempre.

    Eu faloa porque si, porque me gosta
    e quero estar cos meus, coa xente miña,

    perto dos homes bos que sofren longo
    unha historia contada noutra lingua.

    Non falo prós soberbios,
    non falo prós ruíns e poderosos,
    non falo pra os finchados
    non falo pra os valeiros,
    non falo pra os estúpidos,
    que falo prós que agoantan rexamente
    mentiras e inxusticias de cotío;
    prós que súan e choran
    un pranto cotián de volvoretas,
    de lume e vento sobre os ollos núos.
    Eu non podo arredar as miñas verbas de
    tódolos que sufren neste mundo.
    E ti vives no mundo, terra miña,
    berce da miña estirpe,
    Galicia, doce mágoa das Españas,
    deitada rente ó mar, ise camiño…

    Ganhadores e ganhadoras da porra:
    Vaite, María,Raxo con patacas,yo también quiero chupar del bote, e O Roxo.A istes três últimos, tocou-lhes por rematar o sorteo da lotaría nacional do sábado em 5. Se queredes a camisola e os condóns mandadenos ao correio o enderezo de onde a queredes receber.
    Venha um saúdo para todas e todos

  11. on 05 Xuñ 2011 at 11:44 p.m. 11.dalleavolta said …

    mecajuendiola, non me tocou nin unha ristra de chourizos…booooh eu tamen vou emigrar xD

  12. on 06 Xuñ 2011 at 8:30 p.m. 12.Cochiquí said …

    Nom desesperes Dalleavolta, a ver pra o vindeiro sorteio, malo será.Saúdos.