Sen clasificar 04 Xan 2011 06:36 p.m.

O QUEIMA-PALLOTES

Xa informaramos aquí de que lle prenderan lume al alpacas de herba seca  e tamén a  unha chousa dunha veciña do Campo de Trixezo. Pouco tempo despois prendéronlle lume ao Coto de Trixezo.  Non hai moitos días queimáronlle a un veciño dos Bidueiros  uns rolos de herba seca, que tiña nun pallote na Brea da Alta de Soandres. Outro día queimaron un “contenedor “ da varredura en Bocixa. Tamén se fala que en Golmar queimaron outro pallote.  Moita casualidade de que lle prendan lume máis ou menos na mesma zona. Máis o paxaro que anda prendendo no lume vai caer… tarde ou cedo. E ademais de caer … vanlle caer … e ben delas. Porque os veciños xa están ata o carallo. A ninguén lle chove os cartos do ceo. Agora terán que mercar  máis herba para darlle o gando no inverno. As autoridades fan algo?. Si están nas tabernas controlando que ninguén se salte a lei do tabaco. Pois non hai que ser moi listos para dar co pirómano. Aquí imos dar algunhas pistas para pillalo,(aínda que no podemos probar xa que no vimos cos mistos nas mans… e ata que non se teña probas non se pode condenar … ) .

Ten nome dun personaxe da serie dos Simson. Fáltalle media fervedura… Non é de lonxe dos lumes.

Máis pistas para o vindeiro episodio.

Sen clasificar 03 Xan 2011 08:10 p.m.

Rouban a porta da traída de augas de Paiosaco

Aproveitando a noite levaron a porta da traída de augas de Paiosaco esta fin de semana. Sospeitase duns moinos que andan polas noites pola zona. Estes foron vistos as tantas da noite polos Bidueiros e polo Campo de Trixezo. Disque van nunha furgoneta branca (C15 ??). Será a mesma que intentou entrar no bar O Estanco de Soandres. Non sabemos. Ben seguro que hai máis roubos pola zona, pero moitas veces non son denunciados pola veciñanza. Tamén roubaron os parafusos das vías do tren no Cotaredo en soandres. Alí disque viron uns morenos que andan normalmente o ferro…

Sen clasificar 01 Xan 2011 04:52 p.m.

…e a CABEZA NON PARA !!!

Ei xente xa estamos aquí de novo. Ben seghuro que a alghúns e alghunhas xa lles parecía que o cortello pechara a cancela. Pois non oh. O que pasa e que pillamos unhas (merecidas cremos nós) vacacións. Repuxemos forzas para seghir nesta andaina cultural-ecoloxista e tamén anti-caciquil. E xa temos “mono” de falar do Kaseiro, Barbaeito, avoghados defensores, Klariseiros… Ademais xa se uniron máis informantes a redacción do cortello… Este ano meteremos novas categhorías . E coma xa dixemos outras veces animádevos a  comentar ou a mandarnos calquera cousa para comentar ou denunciar ao noso correo electrónico ocortelhodalaracha@gmail.com  Saúdos a todas e a todos…… e lembrade   “A cabeza non para!!

Sen clasificar 28 Nov 2010 04:25 p.m.

O PAPA-BÚS alternativa ao NOITE-BÚS

A semana pasada o PP da Laracha dixo que non quería que seghira  o noite-bus nun pleno do concello.  Ben seghuro que se fora asfaltarlle a eira  a alghún vello non estaban en contra, pero xa se sabe coma a xuventude non vota, e se vota, vota  o que lles mandan na casa, tíraslle da ghaita que a xente nova se mate polas corredoiras.  Custou , pero aghora que  a xente nova , e non tan nova se acostumara  a ir  e vir no noite bus de  festa van e quítanllo. A escusa e a famosa austeridade que prometeu o Feijoo cando entrou na xunta e bla,bla,bla…. De risa!!! Nós non sabemos se rir ou chorar. Acábanse de ghastar catro millóns de euros en traer o Papón por unhas  horas, e o noite bus que custaba 3 millóns e medio de euros todo o ano quítano… Coma dicía miña avoa ,“ me cagho no deus que os abatanou , son uns larpeiros”. Despois din que a xuventude ten vicio, e logho eles?. Eu preguntaríalles canto val para eles a vida da xente nova. Val menos de tres millóns e medio o ano?.

Nós propoñemos que para amortizar a  visita do Papón e matar dous paxaros dun tiro, reciclar o Papa-bus , e destinalo a recoller a rapazada para ir de festa. Que carallo, se se  paghou entre todos, que  se aproveite para ir a  de carallada as fins de semán.

Sen clasificar 08 Nov 2010 05:10 p.m.

PERIGHO, FALSO APALPABARRIGHAS!!

Xa lle saíu un imitador ao noso Apalpabarrighas . Pero coidadiño este é moi perighoso. Disque foi visto por Santiagho de Compostela o sábado.Disque pertense a unha orghanisasión que ten dous mil anos de antighüidade , que van de humildes e son  dos máis ricos do mundo. Ghustan das riquezas, andan carghados de ouro…   e obre todo alghúns  ghustan de abusar sexualmente dos cativos. Estes casos de pederastia case nunca son castighados pola xustiza. A asociación esta sóelles dar protesión. As súas vítimas ghardan tamén silencio non sei se pola vergoña, ameasas… De feito algúns de estes “Falsos Apalpabarrighas”  din que eran os cativos  que lle pedía o corpo leña… Eu digho que hai que capalos. E que deixe de plaxiar ao noso ben querido  Apalpador, que non traerá ouro nin riquesas no Nadal  aos  nenos e nenas, tan só castañas quentes, pero e bo e querelle as crianzas.

Escolas e escolantes 29 Out 2010 02:35 p.m.

NOVO PROFE NO AGHRA DE LEBORÍS

A cousa non é de coña.  Esta nova Xunta dos PPes, co conto da “austeridade” teñen os rapaces do Aghra de Leborís  acurrados a moreas de estudantes na mesma clase, por mor de que lles faltan mestres.  Impórtalles un carallo o fracaso escolar e o futuro destes mozos e mozas. Disque non lles queren traer un novo mestre de matemáticas. E os PP da Laracha que?, seica tamén lles importa  un carallo?. Notase que os raparighos non votan. Iso si a “austeridade” ben sei eu por onde a pasan, porque  aghora para traer o PaPa ben que se ghastan máis de 3 millóns de Euros. Eu digho que para sacarlle partido os cartos que se van ghastar en traer a este, que podía polo menos vir de suplente do mestre de matemáticas mentres non traen un novo. Pero mellor pensado val a pena tar sen el non vaia ser o demo e se lle de por darlle máis ca mates…

Sen clasificar 13 Out 2010 06:08 p.m.

1º ANIVERSÁRIO DO CORTELHO DA LARACHA

Un ano do  Cortello

un ano  non é nada…

Quen o diría, algho que comezou sen querer entre un ghrupo de cortelleiros  que ía a botar un aniño.   E moito menos que ía ter tantas entradas. Miles de entradas en menos de un ano, para un bloghe local, animounos a seghir adiante. Saimos en Chuza, Vieiros, Galizalivre,NovasGZ… Temos entradas ata de Franza, Alemaña, Suiza, Arxentina,Italia…  Pero sobre todo de Portughal e de Brasil. O reintegracionismo  ou ghalegho-portughes fai que pobos diferentes se unan a través de unha linghua común.  A verdade e que as miles de entradas non se reflexa nos comentarios que temos. Animámosvos a facer comentarios e tamén a expoñernos calquera cousa que queirades como xa fixeron alghúns veciños.  Nós seghiremos mentres dure falando de caciques, cultura e natureza. Non sabemos  se “Cochiquí” terá tanta sorte coma o famoso cocho Quinín ou se pro San Martiño lle tocará coitelo … quen sabe. O que si sabemos e que hai a quen non lle ghusta nadiña O Cortelho da Laracha. A estes e estas recomendámoslle como terapia o sexo, que fodan ou faghan o amor ( cada un que lle chame como queira) que é moi bo para levar mellor a vida. Tamén poden ir a  cursos de risoterapia  que case  é tan boa coma o sexo, e que axuda a sentirse mellor.

Xa sabedes para levar esta vida mellor practicade o sexo canto poidades e rídevos moito aínda que sexa de vos mesmos. Ah e non vos esquezades de facer comentarios no Cortelho da Laracha

Sen clasificar 06 Out 2010 02:30 p.m.

TRANSXÉNICOS EN CERCEDA

Hoxe imos sacar algho do cortello limítrofe de Cerceda ou tamén coñecido coma “ A Cochiqueira”.  Procuraremos non meternos moito cos arrabaldes do noso cortello, que ben nos abonda co que temos aquí.

Pois resulta que nun pleno as tres mulleres do BNGhaitas, pediron que Cerceda se declara “concello libre de transxénicos”, e que alí non se poideran prantar ou sementar, coma fixera días antes o concello de Mesía.

A moción só foi apoiada por estas tres concelleiras. Os do PPeido e os do PsoEspañol votaron en contra.

A contestación do arcalde, o tal Liñares, foi “que cada quen que prante nas súas leiras o que queira, menos marighuana e coca”. Que “pavero” o Liñares este. Aghora o fume da erva para el é peor que os fumes da merda que se queima alí. Mira ti oh, aghora os do pp e psoe daselles por colocarse con furanos, pcbs, dioxinas e transxénicos…e cubalibres tamén.

Na entrada de  Cerceda tiñan que poñer un letreiro que poña:

“Benvidos a Cochiqueira . Cortello da merda…e libre de marighuana nas beiras dos camiños”.

Património 02 Out 2010 03:15 p.m.

PRANTAN ALCOLITOS NUN “FORNO DOS MOUROS” EN SOANDRES

Hai un mes xustamente, informabamos aquí da desaparición de unha medorra en Montemaor. A de hoxe non é moito mellor. A un dos Fornos dos Mouros de Soandres fixéronlle unha prantación de alcolitos enriba .  En maio o alcalde da Laracha pedía a inclusión de este e outros monumentos arqueolóxicos no Parque do Meghalitismo.

( http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/05/14/0003_8482536.htm )

E claro o xornal amigho “La coz de ghalisia” sácalle todo o que lle mandan os do PP. Pois tanto o señorito do sillón coma os reporteiros debían de espiñar un pouco as pernas  e mirar primeiro cal é o estado destes dolmens. Dende que se fixo o Plan Xeral da Laracha no 2003, ó patrimonio arqueolóxico sufriu unha animalada de aghresións e estes políticos que terían que protexelos non fa nada de nada.

Estes túmulos funerarios, a nosas pequenas pirámides, chegharon ate os nosos días despois de miles de anos e aghora nun abrir e pechar de ollos están a desaparecer. Que carallo nos está a pasar aos ghalaicos e ghalaicas?. Fomos un pobo que sempre respetou o noso pasado, o que nos deixaron os devanceiros. Proba de elo, os milleiros de restos ( castros, medorras, pedrafitas…) A nosa tribo sempre venerou a natureza, viviu con respeto  co medio. Hoxe desaparecen os bosques ghalaicos que antes eran culto para Nós, córtanse e quéimanse. Desaparecen especies que dende o longho dos tempos víronnos camiñar por esta terra, Ghaliza. E a nosa linghua….

Volvémonos avariciosos , soñadores de cartos rápidos, que importa o mañá…?, cando os anterghos nos deixaron para este mañá. Que lle deixaremos aos que veñen?

Este bloghe non durará tantos anos coma ten O Forno dos Mouros, máis mentres dure, aquí quedan os nomes de quen debían coidar que non desaparecera e non o fixeron. Poden poñer os seus nomes nunha placa no Forno dos Mouros que digha: “Quen deberon coidarte e non o fixeron. José Manuel  López  ( alcalde), José Ramón Martinez ( T. alcalde e ex-concelleiro de cultura) e Patricia Bello (concelleira de cultura)”

Sen clasificar 28 Set 2010 12:20 p.m.

AQUÍ QUEN CARRALLO TRABALLA?

Xa hai tempo que nós mandaron esta foto, por se nós serbia de algho.  E hoxe secadra é o dia. Mañan é a folgha e fálteme  deus se vai pasar nada. Seghuiran os mesmos vivindo da moca, políticos, reis, condes, patróns explotadores, vividores do conto…. e seghiran os mesmos traballando. Os mesmos de sempre.

A verdade e quen sacou a fotoghrafía reflexa moi ben a realidade da situación laboral que se da neste país. Na foto sae o alcalde da Laracha, concelleiro de obras e patrón coas mans nos petos ( o quentiño) e sen peghar pau. No chan o obreiro “currando”. Daquela preghuntome eu, para que serven os outros tres larpeiros?. Ademais  de non servir son os que máis cobran, e por non facer nada.

Así nos vai, un traballa e tres miran.

« Páxina anteriorPáxina seguinte »